domingo, 19 de junio de 2011

TROFEO ELCORTEINGLÉS CARREIRA DA MULLER

Hoxe, domingo, erguinme cedo para almorzar e estudiar un pouco. Ás 11 da mañá ía correr o Trofeo ElCorteinglés Carreira da Muller (según o panfleto de 5km, que claramente non son) e ía ser un adestramento de carreira que ía facer con Alba pensando no Europeo da próxima semana. Finalmente fun eu sola á carreira porque ela non puido vir asi que saín cun pouco de tranquilidade, pois eramos 800 persoas costa abaixo, e despois cambiei un pouco de ritmo seguindo a unhas rapazas porque non tiña nin idea de por onde ía o percorrido. Gran Vía, Urzaiz, Rep arxentina, Garcia Barbón, Nudo de Isaac Peral, rúa que vai cara o Areal, Areal, Rúa Oporto, Rosalía de Castro, Pza de Compostela e despois cara o Náutico, onde remataba. As sensacións foron bastante boas, mellor do esperado porque o cambio de plans púxome bastante nerviosa. Resto do día... vendo imaxes de TAC e Resonancia Magnética, tamén Rx e ecografías porque o martes teño exame de Anatomía por Técnicas de Imaxe... Algo agobiada porque hai algúns detalles que non son capaz de distinguir porque non os vexo... FFarase o posible!!!

Bicos

Susi

No hay comentarios:

Publicar un comentario