viernes, 18 de marzo de 2011

1 MES CAMPIONATO DE ESPAÑA DE DUATLÓN

Pois o tempo vai pouco a pouco pasando e xa estamos en pleno mes de marzo... Queda menos dun mes para o campionato de España de Duatlón (nas súas diferentes categorías) que este ano terá lugar na cidade de Soria (onde por certo nunca estiven).

Os adestramentos polo de agora van ben, malia que levo un par de días cunha dor bastante molesta no xeonllo esquerdo e non me lembro de ter feito ningún xesto extraño ou ter levado algún golpe; o caso é que agora apereceu un hematoma sobre a zona da espina tibial e esta noite doeume bastante. Espero que non sexa nada.

Esta semana estiven tamén bastante pendente dos estudios porque aínda me quedan dous exames por facer (teórico e práctico de neuroanatomía). A verdade é que non me está aburriendo para anda estudia-los temas porque me parece realmente interesante; de todas formas todos estamos bastante cansos porque tivemos o primeiro exame o 31 de Xaneiro e dende entón foi un non parar. A parte práctica cústame bastante porque hai certos detalles que nas maquetas non son capaz de distinguir e ademais resúltame bastante complicado trasladar as imaxes do atlas en 2D ás 3 dimensións da maqueta. pero bueno, supoño que nada imposible!

Doutra banda hoxe vin o vídeo de presentación do Campionato de Europa de triatlón que me aprece unha idea realmente orixinal tanto a parte do rap en galego como a presentación do circuito que fai Javi gómez noya, unha pasada. A verdade que só de velo parece que me mete un pouco de "medo" correr en todos eses lugares que nesta ocasión me resultan tan familaires pois non olvidemso que vivín na cidade do Lérez 3 anos (os de fisioterapia) e da que gardo marabillosos recordos.

Bueno, imos ler un pouquiño mais. A foto de hoxe é do Triatlón indoor do val Miñor. Pilláronme desprevenida alí sentada nunha bancada.

Susi


No hay comentarios:

Publicar un comentario