martes, 19 de abril de 2011

CONVOCATORIA BOLSAS VIDE DEPORTISTAS INDIVIDUAIS

O pasado xoves 14 de Abril foi a entrega das bolsas da Fudnación Vigo deporte a deportistas individuais correspondentes ó ano 2010. A miña foi unha das moitas solicitudes recibidas por esta fundación que xa noutras 3 ocasións me concedera bolsa (2006, 2007 e 2008).
Finalmente foron concedidas 10 bolsas a deportistas de base (menores d 16 anos) e outras 10 a deportistas élite; unha desas 10 foi para min.
Eu non puiden asistir ó acto porque estaba xa de viaxe a Lugo para sair o venres cedo cara soria ó Cto de España de Duatlón. Foron meus pais os que acudiron na miña representación e mamá a que recolleu o diploma (aparece na foto!). Dende aquí o meu agradecemento á Fundación VIDE; o xurado que decidiu as bolsas 8difícil traballo supoño porque estamos nunha cidade cunha gran cantidade de grandes deportist@s) e a UMBRO, coñecida marca de artículos deportivos á que corresponde a miña bolsa.
Esta cantidade de € supón para min un enorme avance para poder afrontar a tempada 2011 sobre todo de cara á posible participación no Cto do mundo de Paratriatlón que terá lugar en Pekin o vindeiro mes de Setembro.

Gracias de novo pola vosa confianza, agora a continuar traballando a tope, con ilusión e disfrutando do deporte que me gusta.

2 comentarios:

  1. Si si si, nos vamos a Pekín

    ResponderEliminar
  2. "nos" ?¿?¿?¿?¿?¿ Xa mo explicarás! Dille ó presi que ademais de Rodríguez e Cuba fan falta billetes para o resto do "equipo".

    ResponderEliminar