Tempo hai xa que non escribo no blogue... E son varias a novidades destas últimas semanas. No terreo deportivo participei dende entón en 3 competicións: unha Carreira do Circuito Corre con Nós (As Termas, Lugo), o Campionato de España de Duatlón Paralímpico e a Bizkaiko Paralympic Bira de ciclismo en Bilbao. Diferentes experiencias das que falarei a continuación, deixando un post separado para esa última aventura no mundo do tandem que merece atención especial e nesta ocasión non precisamente polo acontecido na estrada.
O circuito Corre Con Nós está formado por varias carreiras populares en diferentes lugares da cidade de lugo, moi variadas e abriendo a participación a deportistas de tódolos niveis e idades. A verdade é que o ambiente nelas é espectacular e a próxima tempada gustaríame acudir con maior regularidade. Na carreira disputada en "As Termas" corrín con Alfonso como guía; o percorrido era un sube e baixa cunhas zonas de terreo algo irregulares pero nada que se fixera difícil porque este rapaz controla perfectamente. Fundin un pouco no último km ou máis ben na última subida, pero ó final valorando o global non foi tan mal a cousa. Estaba obsesionada con conseguir correr a un ritmo determinado en Pontevedra.
Unhas semanas despois, o día 27 de abril, chegaría de novo unha gran proba á cidade de Pontevedra; nesta ocasión tería lugar nas beiras do río Lérez e no CGTD o Campionato de España de Duatlón Paralímpico en tódalas categorías (cadete, junior, élite, paralímpico e grupos de idade). Para os deportistas con discapacidade nesta ocasión obtíñanse plazs para o Cto do Mundo que terá lugar neste mesmo lugar en 2014 e hai que salientar como sempre ocorre en Galicia a gran organización e o apoio incondicional do público pontevedrés.
Nesta ocasión corrín coa triatleta Saleta Castro con quen son poucas as carreiras que teño realizado pero con quen sempre me divirto un montón competindo. Como adestramento fixemos unha pequena saída en bici ata Sanxenxo a semana previa e un pequeno rodaxe polo paseo do río e a Illa das Esculturas.
Saleta cada vez que fai conmigo unha carreira déixame claro que é unha triatleta de enorme calidade e con moita experiencia; espero que co duro que está traballando consiga pronto ese soño de estar en Hawai que é tamén o desexo de todos aqueles que a coñecemos e a queremos. Estou segura de que o conseguirá.
A primeira carreira a pé foi boa, xusto ó ritmo que eu quería facer. Había vento pero o circuito chan non tiña maior coomplicación. Os problemas chegaron para nos no segmento de ciclismo onde dendo o comezo tivemos enromes problemas co cambio e na última volta aínda cun tramo de subida por realizar rompemos a cadea do tandem. É un deses momentos no que unha persoa algo impulsiva coma min non se plantea continuar na carreira; Saleta foi crucial para manter a calma e seguir pelexando. Corremos coas calas e despois continuamos cun pé no pedal e outro empuxando no chan a modo de patinete, que dolor tiven durante 3 días!!!! Iamos despacio pero pouco a pouco conseguíamos chegar á T2 sen ser alcanzadas polas rivais.
A 2º carreira a pé foi máis lenta que a primeira, muscularmente estaba bastante tocada por eses 3km de ciclismo que fixemos sen a cadea.
Carreiras máis importantes teño gañado, e Saleta tamén, pero esto foi máis que nada unha mostra de loita continua. En 2014 esperamos estar loitando polo título mundial de duatlón, espero que sexa nunha data algo axeitada para o calendario.
O Wild Wolf Cidade de Lugo Fluvial acadou a victoria tanto masculina coma feminina; a nivel individual destacar o título de Camp de España de Emilio Martín (C do Mundo 2012 en nancy), a prata de Gustavo Rodríguez cunha nova exhibición no segmento ciclista. o 4º posto de Aida Valiño malia unha caida e unha avería na bici amosando a súa gran calidade, a prata de Antonio Serrat en categoría Junior, varias medallas en grupos de Idade, Irene Serrrat facendo un bo papel no seu 1º ano de junior, os cadetes que darán que falar seguro que pronto, etc.
En definitiva, unha boa fin de semana de deporte en Pontevedra. Espero que esta cidade siga apostando forte polo noso deporte como ata agora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario