domingo, 4 de diciembre de 2011

1º CARREIRA SOLIDARIA NOCTURNA DE BEMBRIVE 2011

Onte, sábado, ás 20h tivo lugar na localidade de Bembrive (próxima a Vigo) a 1º carreira nocturna solidaria na que tomamos parte 300 participantes de moi diferentes idades. Tiñamos que dar 3 voltas para facer un total de 6.8 km (segundo a organización) que polos datos dos GPSs de varios compañeiros resultaron ser aproximadamente 6100m.

Para min era esta a 1º carreira a pé da tempada tendo en conta que no tempo que levo adestrando dende outubro estou bastante centrada na bici facendo rodillo case cada día e mais nadando. Participei nela con Uxía Costa, compañeira e amiga da facultade tamén deportista, que me acompañou como guía; a ela quero felicitala polo seu excelente traballo e por ser unha tía á que lle gusta pelexar nas carreiras.

Personalmente, atopeime bastante mal, aínda que para o momento no que estamos e as condicións podo dicir que o tempo non foi tan malo como podería ter sido. Levaba aproximadamente dúas semanas sen tomar o inhalador tratamento de base para o asma, porque decidira retornar ó Ventolín e empregalo tan só nos momentos nos que atopase que era necesario... Grave error.
Esto, sumado ás condicións climatolóxicas de humidade de onte, fixeron dos 6km e pouco unha especie de odisea particular na que en ningún momento puiden respirar en condicións tendo en todo momento esa sensación típica asmática de non poder coller a cantidade de aire que necesitas.

Marchei á carreira xa con cansancio, levaba todo o día en casa estudiando e con frío, pero puideron con todo as ganas de sair correr un pouco... E rematei sufriendo bastante. O non poder das pernas no pouco tramo de subida que tiña o circuito deu paso ós "pitidos" (sibilancias) do remate da carreira que se podían escoitar a simple oido, sen necesidade nin de fonendo.

De todo se aprende. A seguir traballando...!

Un bico

Susi


No hay comentarios:

Publicar un comentario