O vindeiro 27 de Novembro ás 19h no Teatro Jofre de Ferrol a Xunta de Galicia e a Dirección Xeral para o Deporte entregan os premios do Deporte Galego nas 16 categorías existentes e nesta ocasión teño a oportunidade de contarvos que o xurado me escolleu como Mellor Deportista Galega Feminina 2011 con discapacidade.
Xa me deran este mesmo premio noutra ocasión (hay 4 anos), pero esta vez a ilusión que me fai é, se cadra, moito maior debido a que, aínda que semellase fácil, este foi un ano realmente complicado para min e no que nunca pensei que podería chegar a ter os resultados deportivos que obtiven.
Así que dende aquí quero aproveitar para agradecer este recoñecemento e, sobre todo, para compartilo con todas esas persoas que están preto de min e non só cando as cousas saen así de ben, senón tamén nos momentos máis duros e complicados.
Susi
No hay comentarios:
Publicar un comentario