domingo, 6 de noviembre de 2011

COMPARTE SAÚDE, DOA SANGUE

Coñecida é esta frase para moitos galegos e galegas por tela visto nalgunha das unidades móbiles do Centro de Transfusións de Galicia que cada día, inverno ou verán, recorren as estradas da nosa comunidade autónoma para achegárense a tódolos concellos na procura de doantes de sangue.

Hoxe dispoñemos dunha gran cantidade de fármacos que fan posible o tratamento dunha gran cantidade de doenzas; outros empregados para prevención ou diagnóstico. Non obstante hai algo que todavía non se pode sintetizar e dispor na cantidade que se desexe: o sangue e os seus derivados.

Son moitos os pacientes que precisan algún dos compoñentes do sangue no seu tratamento e esta só se pode acadar coa solidariedade de persoas que de xeito voluntario e altruista acuden a doar ós diferentes puntos dispoñibles para facelo.

Intervencións cirúrxicas, tratamento de enfermidades crónicas, pacientes con cancro, urxencias hospitalarias como accidentes de tráfico e un longo etcétera son algúns dos casos nos que é vital dispor de unidades de sangue dos diferentes grupos sanguíneos para poder atender ós pacientes.

A primeira vez que fun doante de sangue for o 11 de Novembro de 2008 na Unidade Móbil situada no Campus de Pontevedra diante da Facultade de Fisioterapia; lémbro a data exacta porque fora ese mesmo día cando decidira deixar o atletismo e decidín comezar a miña "nova vida" sen deporte de rendemento dun xeito motivante. Despois desa vez foi outrana Unidade Móbil en Ciencias Forestais, 2 aféreses na unidade do Hospital Nicolás Peña de Vigo, 2 no Monte da Condesa de Santiago.

A continuación copiei e peguei un resumo da información que podedes atopar no sitio Web do CTG no que tamén estiven de voluntaria unha tempada; podedes lela con atención e en caso de calquera dúbida chamar ó teléfono 900 100 828, liña gratuita na que se pode tamén pedir cita.

Mañá tenño unha chea de cousas para facer e por iso fun hoxe adestrar... Tócame ir a Coruña arranxar os papeles para a solicitude dunha Lupa TV (aparello para ampliar textos), cita para doar plaquetas e plasma (agora que voltei a adestrar só dono estes dous compoñentes pois os glóbulos vermellos ó facer moita actividade física non é aconsellable que descendan os seus niveis en ningún momento), clases de tarde e estudiar un pouo...
Deixo pendente unha entrada sobre a competición de natación en Monforte a cal merece un "a parte".

Un bico

Susi

O sangue non se emprega tal e como se lle extrae ó doador.
Cada bolsa de sangue doado sométese a un proceso de separación no que se obteñen tres compoñentes sanguíneos (glóbulos vermellos, plasma e plaquetas). Normalmente cada enfermo require só un deles.

GLÓBULOS VERMELLOS Células do sangue que se precisan nas intervencións cirúrxicas, nos transplantes de órganos, hemorraxias debidas a accidentes, …
Conservánse a -4º C - Duran ata 42 días

PLASMA

Parte líquida do sangue que contén proteínas para o tratamento de grandes queimados , enfermidades crónicas, infecciosas, ,...
Consérvase a -40º C - Duran ata un ano

PLAQUETAS

Células do sangue utilizadas no tratamento de enfermos con cancro ou leucemia, nos transplantes de medula ósea, …
Consérvanse a 22º C en axitación constante - Tan só duran 5 días

¿PODO DOAR?
A doazón de sangue é un acto seguro, sinxelo, cómodo e necesario para que moitas persoas poidan soluciona-lo seu problema de saúde, e mesmo, salva-la vida.
Os homes poden doar un máximo de 4 veces ó ano e as mulleres 3; deixando pasar entre cada doazón un mínimo de 2 meses.
Non se debe acudir sen almorzar e despois de xantar haberá que deixar pasar dúas horas.
Poden doar sangue as persoas que teñan unha saúde normal, con máis de 50 quilos de peso e cunha idade entre 18 e 65 anos inclusive.
Lembre, a doazón de sangue é un acto RESPONSABLE.
É vital, para a seguridade transfusional, que o doador aporte toda a información posible sobre o seu estado de saúde, xa que o sangue doado vai destinado a axudar a recuperación dos doentes
A misión dos compoñentes sanguíneos é mellora-la saúde dos enfermos
Tódalas persoas que desexen doar sangue teñen que coñecer e comprender a seguinte información. En caso de ter algunha dúbida pode consultar cos médicos do CTG nas unidades móbiles ou nos locais de doazón, tamén pode chamar ó noso teléfono gratuíto de atención ó doador de sangue (900 100 828, das 8.00 ás 22.00 dende teléfonos fixos e móbiles) :
CAUSAS QUE IMPIDEN DOAR SANGUE DE FORMA PERMANENTE:
1. ¿Foi excluído de forma permanente nalgunha outra ocasión?
2. ¿Padeceu, padece ou é portador crónico de enfermidades transmisibles polo sangue, tales como: hepatite B, Hepatite C, Hepatite de causa descoñecida, SIDA, sífilis non tratada, lepra, Enfermidade de Chagas,....?
3. ¿Ten historial familiar de Enfermidade de Creutzfeld-Jakob, recibiu implante de córnea, ou de outro tecido, duramáter humana ou bovina, tratamento con extractos de pituitaria ou procedemento neurocirúrxico intracraneal?
4. ¿Residiu durante un período acumulado de máis dun ano no Reino Unido entre os anos 1980 e 1996 inclusive?
5. ¿Consumiu algunha vez drogas por vía intravenosa ou drogas doutro tipo?
6. ¿Padeceu ou padece enfermidades graves ou crónicas de corazón, riles, cancro, diabete insulinodependente, asma grave, epilepsia, alcoholismo crónico, convulsións,...?
7. ¿ Realizou prácticas de risco de SIDA ? , tales como:
a. ¿Tivo relacións sexuais non seguras?
b. ¿Tivo relacións sexuais con múltiples persoas?
c. ¿Tivo relacións sexuais con portadores do VIH (SIDA)?
d. ¿Tivo relacións sexuais con persoas consumidoras de drogas?
e. ¿Tivo relacións sexuais a cambio de drogas ou de diñeiro?
Si é afirmativa a resposta a algunha das anteriores preguntas,
vostede NON pode doar sangue de forma DEFINITIVA.
Lembre que o CTG quere preserva-la saúde da persoa que acude a doar e tamén quere garantir que os compoñentes sanguíneos non lle causan ningún problema ó enfermo que ós recibe.
CAUSAS QUE IMPIDEN DOAR SANGUE DE FORMA TEMPORAL
1. ¿Foi excluído recentemente de forma temporal?
2. ¿Recibiu algunha transfusión de sangue nos últimos 12 meses?
3. ¿Realizou un exame endoscópico, implantación de catéteres ou perforación da pel e mucosas nos últimos 12 meses?
4. ¿Fíxose algunha tatuaxe, acupuntura ou piercing sen control médico nos últimos 12 meses?
5. ¿Estivo exposto ó sangue ou a instrumentos contaminados nos últimos 12 meses?
6. ¿Tivo contacto directo con persoas que padezan ou sexan portadores crónicos de hepatite B, hepatite C ou VIH nos últimos 12 meses?
7. ¿Practicáronlle unha intervención cirúrxica nos últimos 6 meses?
8. ¿Estivo a tratamento odontolóxico nos últimos 7 días?
9. ¿Tivo febre inexplicable ou enfermidades do tipo da gripe nas últimas 2 semanas? ¿Tivo catarro común na última semana?
10. ¿Padeceu tuberculose activa, brucelose, toxoplasmose ou febre reumática tratada e curada nos últimos 2 anos? ¿Ou Mononucleose infecciosa tratada e curada nos últimos 6 meses?
11. ¿Padece alerxias? ¿Deulle alerxia algún medicamento no último ano?
12. ¿Padece hipertensión descompensada ou anemia ferropénica?
13. ¿Toma habitualmente algunha medicación ou vacina que impida a doazón de sangue?
14. ¿Residiu nos últimos 5 anos en países con paludismo tropical ou viaxou a países con paludismo tropical nos últimos 6 meses?
15. ¿Estivo embarazada ou sufriu un aborto nos últimos seis meses?
16. ¿Vai realizar algunha actividade perigosa nas próximas 12 horas?
17. ¿Está en xanxún? ¿Realizou unha comida pesada nas últimas dúas horas?

vostede NON pode doar sangue de forma TEMPORAL.
Se quere coñecer canto tempo ten que pasar ata que poda volver a doar sangue pode consultar cos médicos do CTG nas unidades móbiles ou nos locais de doazón.

QUE É A AFÉRESE

É unha forma diferente de doazón de sangue. Neste proceso recóllese un pequeno volume de sangue, separase nos seus componentes mediante centrífugación, colleitando un ou máis dos seus componentes (por ejemplo plaquetas) e devolvendo ó doador o resto dos seus compoñentes (glóbulos vermellos, plasma, leucocitos).
Os compoñentes sanguíneos soen transfundirse por separado, segundo o tipo de enfermidade do doente. A aférese permite dispor de cada compoñente sanguíneo sen ter que somete-la doazón ó proceso de fraccionamento dos seus compoñentes.
Na doazón mediante aférese o volume e tipo de compoñente extraído establecese en función das características do doador e sempre é inferior ó 13 por cento do volume total do sangue do doador.
Ó doar un só compoñente do sangue e manterse estable a cifra de glóbulos vermellos, si estos non se doan, a frecuencia da doazón mediante aférese poder ser maior que na doazón convencional.
Non obstante, este tipo de doazón rexese polo mesmo principio de voluntariedade que a doazón convencional: o doador decide o número de veces e a frecuencia coa que desexa realiza-la súa doazón, respetando sempre os prazos que marca a lexislación.
Os elementos obtidos nunha AFÉRESE proveñen dun só doador e, deste xeito. acadase unha maior CALIDADE trasfusional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario