Hoxe teño un resfriado tremendo. Supoño que é por causa deses cambios de temperatura que temos que soportar en clase (porque aquelo parece literalmente unha sauna).mesturado con que son bastante afeccionada a andar descalza, non secar o pelo despois de nadar... En fin. Espero que antes de marchar vaia mellorando un pouco porque agora mesmo teño os oídos totalmente taponados e non podo respirar polo nariz nada de nada.
Hoxe outro día máis de clases... A verdade que este curso, polo momento, estanme a gustar bastante. Teño que facer un repasiño de anatomía do tórax pero xa esta semana o deixarei listo antes de marchar a Marrocos.
Pola mañá sesión de carreira a pé con Iris, compañeira e amiga de clase e do CGTD quen por fin se decidiu a empezar a facer algunha cousiña despois de bastante tempo de parón. Alégrome moito. Mañá máis e mellor.
Un bico
Susi
No hay comentarios:
Publicar un comentario