domingo, 31 de julio de 2011

VACACIÓNS E CTO GALEGO DE ACUATLÓN

Levo xa uns cuantos días sen actualiza-lo blog porque estes días estiven en casa de miña avoa na aldea e alí só teño internet no móbil dende o que é demasiado incómodo escribir textos longos.
A miña aldea está a 5 km de Mondoñedo (Lugo). É un lugar marabilloso aínda que o tempo non acompañou demasiado este verán... Estiven alí 15 días nos que non toquei a piscina (agás unha tarde que nadei 3000m), pero si aproveitei para facer bastante rodillo e correr.

Tamén tiven tempo para durmir bastante (cousa que ó longo do curso se quere facer e non se fai por falta de tempo ou mala organización), estiven coa familia, estudiei un pouco de ética médica... e vin unha importante parte dos mundiais de natación de Shangai.

Esta tarde, antes de chegar a Vigo, pasei por Ferrol para correr no Cto Galego de Acuatlón organizado polo Clube Triatlón Ferrol, a FEGATRI, Lodeco, etc. Era o meu debut nesta modalidade e con Alba Cuba Dorado como guía creo que estivo bastante aceptable. Dende aquí quero darlle as gracias a ela e tamén ó meu clube (Cidade de Lugo fluvial), organizadores e demais xente que estaba vendo a carreira polo seu traballo e apoio incondicional.

O meu obxectivo para esta comeptición era, ademais de coeñcer o acuatlón, intentar facer unha natación o máis decente posible despois dos problemas no europeo de Pontevedra e creo que máis ou menos quedou cumprido.

Dentro duns días (venres 5) viaxamos a Londres Alba e mais eu para correr en londres o paratriatlón da dextro Energy WCS da capital británica que se ceelbrará en Hyde Park o día 7 ás 16h este ano en distancia sprint. Esta é, posiblemente, a carreira que nesta tempada teña o maior número de participantes e nivel na categoría TRI6 na que eu compito, asi que trataremos de facelo o mellor posible. Ese mesmo día, pero ás 13h terá lugar a proba élite masculina na que estaremos animando ó noso compañeiro de clube e amigo Javier Gómez Noya e tamén ó outro representante galego Iván Raña ¡A tope con eles!

O planing é o seguinte:

XOVES: desmonta-la bici e metela na súa supercaixa
VENRES: viaxe a Londres dende Santiago de Compostela. Pola tarde Swimming course Familiarization
SÁBADO: ver carreira élite feminina + Briefing de Paratri pola tarde en Imperial college. A ver se algo de turismo light
DOMINGO: vemos a carreira élite masc e corremos nós. Despois, cando rematemos, trasladámonos ó hostel con tódolos trastos
LUNS: turismo
MARTES turismo + imos para Stansted Airport.
MÉRCORES: durmimos en Stansted... Espertamos, facturamos e para casa.

Sígovos informando

Bicos

Susi


PD: Foto da habitación con todo ciscado en Imperial College o ano pasado en Londres.





No hay comentarios:

Publicar un comentario