lunes, 4 de julio de 2011

REMATARON OS EXAMES

Dende o 8 de xuño estaba en tempo de exames. Polo camiño quedan 7 realizados: fisioloxía Médica, Rexistros fisiolóxicos, Antropoloxía, Anatomía II, Anatomía por Técnicas de Imaxe, Inmunoloxía e relación Médico-doente. Moitas horas de estudio, unha chea de folios diante, dor de ollos, algunha que outra siesta obrigada no medio dos libros (entre elas unha marabillosa na biblioteca da Facultade de Química e unhas cuantas en casa)... creo que polo que a esforzo se refire foi ó 95% (deixamos sempre unha epquena amrxe de mellora...). Veremos os resultados, pois a verdade non estou totalmente convencida de que vaian a ser acordes co traballo realizado, pero xa sabemos que esto non sempre ocurre.

No medio tamén o paratriatlón da dextro Energy de Madrid WCS con viaxe relámpago en tren, no medio Cto de Europa de paratriatlón en Pontevedra, no medio a carreira da Muller en Vigo, no medio unha cea con fisios postcompetición, no medio adestramentos (menos dos que debería... pero... como din moitas veces o urxente non deixa tempo ó importante).

Hoxe tiven o último exame que non foi para nada complicado e no que queda demostrada a miña falta de atención cando leo as cousas. Pero, ó fin e ó cabo... VACACIÓNS, polo menos ata que USC notas me de algún recordatorio...

PLANES DE VERÁN

A veces as cousas non poden ser como a nós nos gustaría por diversos motivos... asi que tal e como veñen o mellor é intentar poñerlles a mellor cara posible. A min gustaríame un verán coma o de hai dous anos ou tres, ou catro, ou cinco, ou seis, ou sete... e non sigo contando... Asi que conto por aquí o previsto dende agora ata a volta a Santiago, que se non recordo mal os non Bolonianos comezamos as clases o 3 de outubro.

XULLO

Adestrar e divertirme un pouco na bici, na piscina e correndo para seguir aprendendo e collendo aerobicidade.
Competicións: non sei se caerá algunha, así en ppio non teño nada previamente establecido, pero raro será que non caia algunha Travesía a nado ou se cadra algún triatlón. Mantereivos informad@s.
Ó longo deste mes aproveitarei tamén para pasar alguns días coa familia.
23-24-25 Proxecto de visita a Coruña e Festas en Santiago cos amig@s da Facultade de Medicina.
Pendiente tamén día no Acuaparc de Cerceda, pero esto mais ben con fisioterapeutas.
Estudiar o exame de Ética Médica (unha optativa na que me matriculei de xeito que, de aprobar as demais que fixen este ano, só me quede unha das do primeiro ciclo por cursar en 3º). Tal exame é o 2 de Setembro.

AGOSTO

5 ó 10: Dextro Energy WCS London Paratriathlon. A carreira o día 7 pola tarde en hyde Park e de novo pararemos en Imperial College. Voo con ryanair dende Santiago... de novo nos agarda unha aventura na capital británica co tandem encerrado na súa gran caixa de cartón... Contareivos que de seguro non deixará de ser canto menos divertido. Outra carreira para aprender.
Despois hai posibilidades dun viaxe a Lanzarote a casa de Jessica, unha gran amiga da miña época atlética. Non nos vemos dende... o Cto de España e concentración de semana Santa de 2008... Xa vai sendo hora.
E se verá, ó mellor hai que estudiar...

SETEMBRO

2 Exame de ética médica.
17 Cto de España de paratriatlón en Vigo
24-25 Cto do mundo de Duatlón Gijón


Nada máis, que por hoxe foi abondo!!!!
Un bico

Susi

FOTO Co neopreno no Cto de Europa

No hay comentarios:

Publicar un comentario