domingo, 26 de junio de 2011

O MEU PRIMEIRO CTO DE EUROPA DE PARATRIATLÓN


Onte, Pontevedra, ás 16h e mais de 35ºC de temperatura ó sol. Este era o escenario para o Cto de Europa de Paratriatlón no que participamos 52 paratriatletas de diferentes países nas 6 categorías existentes (no caso dos homes) e en solo 3 no caso das rapazas sendo a categoría T$RI6 feminina a única de mulleres na que había máis de 3 participantes.

Non obstante creo que coas condicións climatolóxicas de onte só o feito de lograr rematar a carreira era a un triunfo para calquera dos deportistas... As rúas dunha das miñas cidades favoritas tan marabillosas sempre e onte cheas de bastante público que malia o sol que facía saiu a apoiarnos, convertíanse nun auténtico inferno de calor...

Vou comentar un pouco a miña carreira, así a grandes rasgos.

SAÍDA: realmente apaixoante mesmo a colocación dos deportistas no pontón de saída, había aínda bastante xente na ponte animando... moita mais da que creo que puidese haber en calquera paratriatlón celebrado anteriormente. Cando baixamos a rampa Alba e mais eu, metín o pé nunha pequena ranura que había na moqueta azul, a cal non vin e cain alí no medio (vaia espectáculo...).

NATACIÓN: algo accidentada. Ós 10m ou 15m de sair, a miña pulsera que levaba no pé para enganchar a corda que me une á miña guía durante o segmento de natación soltouse. Afortunadamente e non sei aínda como, logrei coller a pulsera e enganchala na miña man dereita de forma que aínda que tivese que andar co puño pechado non peredería a Alba. Cando estábamos cerca da primeira boia Alba decatouse de que eu estaba nadando horriblemente mal asique alí mesmo paramos e voltamos a enganchar a pulsera no meu nocello. Na volta río abaixo atopeime totalmente perdida, a verdade que teño que traballar bastante o de nadar en augas abertas porque nada ten que ver o rendemento no río con todo o traballo feito ó longo da tempada na piscina... Aínda así saín 2º da auga

T1: aceptable. Poñemos casco, dorsal e zapatillas de ciclismo e imos ata a liña de montaxe onde esta vez, á diferencia de Madrid, non houbo ningún problema coa subida á bici.

CICLISMO: creo que o meu punto débil... Malia iso creo que para o adestramento que temos realizado xuntas e o pouco tempo que levo eu coa bici foi decente. A Alba sangráballe o nariz, supoño que pola calor que facía... Na 1º volta adiantounos o tandem inglés que finalmente obtería a victoria, mentres que na 2º volta o fixo o de holanda.

T2: rápida e boa.

CARREIRA A PÉ: 5km polas rúas do centro de Pontevedra, un circuito fermoso e ideal cunha subida duns 150m e bastante baixada. moita xente animando e, como dixen antes, unha calor brutal. os dous postos de auga por volta e as dúas duchas chegaban a pouco para facer fronte ó sol. Costoume bastante soportalo quero facee ademais empecei a pensar que o importante e fundamental era rematar a carreira, o meu primeiro triatlón sprint.

Dende aquí quero facer algúns comentarios sobre a xoranda de onte:

- GRACIAS, MOITAS GRACIAS a toda a xente que apoiou ós paratriatletas e en especial a toda a xente que nos estivo animando de xeito incondicional a min e mais a Alba. O feito de correr en casa si que creo que finalmente me axudou porque non sei se a iguales condicións tería rematado a proba noutro lugar sen ese impulso de tódalas persoas que estaban na rúa.

- GRACIAS a toda a xente que orgnizou este Cto de Europa. 10. Moi ben. Non podo facer comparacións porque para min era o primeiro... pero creo que foi realmente bo.

- GRACIAS A ALBA CUBA, amiña guía por correr conmigo este europeo. Próxima parada Dextro Energy WCS en Londres, para ir acumulando experiencia.

- Malia ser 4º de 4... creo que o resultado de onte para min pode considerarse como bo debido á tódalas circunstancias que o arrodean sendo meu primeiro ano neste deporte, o meu primeiro triatlón na distancia, estar no medio de exames e cunha otite que aínda está en proceso, porque este ano foi moi complicado no ámbito persoal... E calquera que vise a miña carreira en directo sabe perfectamente que o din todo, momentos mellores virán co adestramento e coa continuidade do traballo....

- Aínda que para nada creo que esto puidese ter influencia no resultado da miña carreira paréceme que polo ben do paratriatlón deberían de terse en conta os regulamentos existentes nas distintas categorías e digo esto concretamente porque xente que estivo vendo a proba e algunhas imaxes que vin dela me amosaron a indiscreción total coa que algúnha corredora da categoría tri6 circulaba arrastro da súa guía polas rúas de Pontevedra. Se a triatleta vai arrastrada creo que o que ten que facer o seu guía é seguila ó seu lado e non "tirar".

- E finalmente... Carreira Élite Masculina de onte. Os resultados de podium nin da carreira non foron os que moitos dos que alí estábamos desexábamos e agardábamos... Javi gómez Noya e Ivan Raña entrando en 39 e 40 posición e os irmans Brownlee e o ruso Poliansky ocupando os postos de medallistas... Dende aquí quero agradecer a Javi especialmente o esforzo brutal que fixo onte. Cando un ten problemas e cando vai mal é cando máis custa correr e cando máis custa rematar... Mellores carreiras para Javi virán, seguro, e estará nos postos de diante onde el se merece e onde todos sabemos que volverá a estar moi pronto. Javi é un gran deportista e sobre todo unha grandísima persoa e onte, ademais de loitar contra os rpoblemas físixos que durnate a carreira lle puideron ocorrer, tivo que pelexar contra o xogo para nada limpo do equipo inglés... e aínda que igualmente esto non fose decisivo no resultado final da súa proba é absolutamente LAMENTABLE. Javi estamos contigo!

Eu sigo estudiando que me qeudan aínda dous exames... Escribirei de novo pronto,

Bicos

Susi


No hay comentarios:

Publicar un comentario