Mañana, mañá, tomorrow, demain... PPasou o londo día de hoxe. Erguinme ás 5.45, fun a Santiago facer o exame de Anatomía II que saiu regular, despois a tomar algo cos amig@s da Facultade, a Pontevedra coa reunión técnica e unha calor insoportable, a ver un chisco do europeo Junior Feminino, probar a roupa da Selección Galega, a casa outra vez no tren... E agora a ler un pouco de inmunoloxía... Todo esto acompañado dunha alta dose de nerviosismo e dunha dor de oído considerable que estamos intentando atallar pero que é bastante molesta.
Nunca imaxinei que iría correr un europeo de triatlón... e mañá será ese día. Non sei como vou responder nesa para min primeira carreira en distancia sprint, non sei como vai ser nada pero o que si sei e que o vou dar todo.
Dende o meu blog quero dar as gracias a toda a xente que me apoia cada día, non só hoxe e mañá senón tamén en tódolos momentos difíciles que houbo no camiño cara este Cto de Europa, gracias a aqueles que estiveron ó meu lado cando deixei o atletismo e que respetaron a miña deicsión e a comprenderon, gracias ós que tiveron e seguen a ter ilusión polo meu retorno ó deporte, en fin, xa sabedes quenes sodes. Gracias tamén ós que mañá iredes ata Pontevedra para estar ó meu lado e berrar un pouco!!!!!!
Na próxima actualización contareivos esta nova experiencia... que me impón bastante respeto pero á vez me enche de ilusión. Hai alguén a quen lle quero adicar unha boa carreira, intentarase que sexa a de mañá!
No hay comentarios:
Publicar un comentario