sábado, 21 de mayo de 2011

DE VOLTA

Ola de novo!

Hai xa unha semana que non poño publicación no blog. Agora que cheguei a Vigo por fin teño un momento para facelo e achegarvos polo menos unha foto do Campionato de España de Paraciclismo de Madrid (Podium da proba de línea que se repetiu tamén na contrarreloxo).

Esta semana en Santiago foi boa en canto ós adestramentos tanto de natación como de carreira a pé. Sensacións interesantes. Hoxe rematamos cunha saída en bici polos arredores de Pontevedra con alba. ademais atopei por alí a bos amigos da miña época de atleta e estiven tamén co meu ex-adestrador Santiago Ferrer e co padriño da promoción de Fisioterapia, o profesor Pazos co que aínda estiven falando un bo rato... Que bos recordos teño da EU de Fisioterapia...

Días de clase xa non quedan moitos, en principio só esta semana que ven e probablemente dous días máis da seguinte.

PARATRIATLÓN DAS SERIES MUNDIAIS: este foi un dos asuntos que me preocupou bastante esta semana, organiza-la viaxe ata Madrid... coa bici, que non é nada sinxelo. Estiven pensando en colle-lo tándem e marchar sola a Madrid en autobús ou en tren... pero pensando cun pouco de sentidiño creo que esta opción non é para nada apropiada. Aínda que nos ratos de hipermotivación quixese facer así, sei ben que eu podo chegar perfectamente a Madrid coa bici, pero despois alí hai que trasladarse con ela no Metro ata Casa de Campo... Creo que esto xa son palabras maiores. Levar a bici, a mochila con tódalas cousas da competición e os apuntes de fisioloxía, buscar os carteis das liñas que hai que coller, ter coidado de non tropezar con ninguén... En fin, creo que demasiado para unha sola persoa... que ve ben canto mais pa alguén que non ve demasiado...

Teño moitas ganas de ir á carreira de Madrid porque o ano pasado me gustou moito a experiencia... Saleta, que será a miña guía, estivo aprendendo as maniobras básicas co tandem... Estamos inscritas... Asi que moi probablemente vaia coa miña nai en tren litera o venres e cheguemos aquí de novo o domingo pola mañá. Unha paliza, sí, pero creo que é unha boa preparación de cara ó Cto de Europa de Pontevedra en tódolos sentidos.

CTO DE EUROPA: queda pouco mais dun mes... Incrible. Sei de moitos amigos que van a estar alí, familiares... Nunca crin que fose a correr unha carreira así tan cerca de casa. Faime moita ilusión... non vos podedes imaxinar canta. E esas ganas quero compartilas con todos vós porque esto é un traballo de equipo.

Un bico

Susi



No hay comentarios:

Publicar un comentario