Faime especial ilusión porque corremos en casa e certo é que a Pontevedra lle teño un cariño especial porque eses tres anos que vivín alí deixaron a súa pegada, a xente que coñecín, as noites dos xoves como non, a EU de Fisioterapia, bos amigos... As mañás e tardes na pista de atletismo, no parque das Esculturas, no paseo do Lérez, no ximnasio...
750m de natación no río, 20 km de ciclismo nun circuito que ainda non sei moi ben por onde vai e 5km de carreira a pé polo centro da cidade (tanto me ten que coas gafas negras non vou ver nada XD).
Espero que ese día tódolos paratriatletas da selección española e tamén os que veñen de fora (porque todo o mundo trae o seu traballo e esforzo detrás) teñamos á xente con nós para que este deporte se vaia facendo o sitio que se merece.
Dende logo a organización do evento está traballando intensivamente para que sexa todo un éxito.
Ainda quedan por diante moitos adestramentos e traballo para facelo ese día o mellor posible. Van ser uns días de axenda apertada:
- Briefing o día 23 en Pontevedra
- Exame final de Anatomía II o día 24 ás 9 da mañá en Santiago
- Campionato o día 25 (e despois de correr veremos a carreira élite) E despois, se hai ánimos e o cansancio o permite, festa pontevedresa para continuar o día 26 vendo o resto de carreiras.
Quedades todos convidados a pasar ese día por Pontevedra, e non vos defraudará porque o tri engancha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario