E agora por fin é o momento da actualización no Blog sobre o campionato de España de duatlón de soria 2011. Aí vai.
XOVES: Día en Santiago con mañá de reventada de clases polos alumnos de 6º que tiveran a súa graduación o día anterior e pola mañá seguinte sempre pasan pola facultade para liberarnos dunhas horiñas de clase de xeito divertido. Este ano ata traían unha charanga. Tivemos tamén unha clase de Zombies e outra de Relación Médico-Paciente. Tarde de estudio na biblio de Medicina ata que os do Fluvial viñeron coa furgo a recollerme para ir a Lugo. Ata o venres estiven en casa de Alba (gracias por aguantarme con vós!!!).
VENRES: saímos dende Frigsa co bus a eso das 10 da mañá. No bus primeiro correxindo apuntes, despois vendo un trozo de peli, siesta pre comida, parada para comer, siesta post comida... Chegamos a Soria cerca das 19h. Deixamos as cousas no hotel e fomos con Poka á reunión técnica onde jorge García e felipe Gutiérrez explicaron detalladamente os circuitos e demais rollos da competición.
SÁBADO: erguinme cedo pero descansada. Tivemos que almorzar ás 7.30 porque era a hora á que abrían no hotel. A carreira era ás 9. Facía algo de fresco, ben me viñeron os manguitos e a camiseta térmica debaixo do mono, porque nas baixadas en bici o aire viña frío.
1º Carreira a pé: de mais a menos, na 2º volta paseino bastante mal respiratoriamente. O circuito non era sinxelo porque tiña varios puntos para virar, subida-baixada, badenes, unhas pequenas rampas para salva-los bordillos das aceras... Todo eso se complica cando vas coas gafas negras dos TRI6 e eso que Alba cumple eprfectamente a súa labor e explica todo detalladamente.
2º Ciclismo: lento lento lento, fíxeno lento. A bici é o que máis teño que insistir. Non era doado tampouco porque había novamente subidas e baixadas de xeito continuado. A 2º transición foi moi rápida.
3º Carreira a pé 2.5km: inexplicable, pero para min, subxetivamente, foi o que mellor me saiu e onde mellor me atopei. Chegada a meta con pequeno sprint na moqueta azul e Campionas de España TRI6. Gracias a todos os que estades ó meu lado polo voso apoio e cariño que SEMPRE é importante... (Mamá, papá, Patri, primos, tío, avoa, Cidade de Lugo Fluvial ó completo, Guillermo e Isa adestradores... ALBA!
A dedicatoria máis especial desta carreira é para a miña madriña porque en cada competición era unha das miñas incondicionais e sobre todo porque cada día era unha das miñas incondicionais e porque me quería moito, me quería a tope...
E nada máis, desexando que comecen os "tris" porque o duatlón aínda que me gusta... nada que ver co outro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario