Fue un comienzo de temporada algo "extraño" y diferente a lo que suele ser un duatlón o un triatlón pero estuvo realmente divertido y ahora puedo decir que también "dolorido" porque el cansancio de piernas que tengo ahora mismo (y han pasado dos días) es tal cual propio de una competición en toda su esencia.
Foron 500m de natación en piscina que cubrín en 8.19 min facendo tan só 2 viraxes nas 20 piscinas porque cheguei á conclusión de que non era o día mais axeitado para facer experimentos.
Transición moi rápida e a continuación 10km de ciclismo en bici de spinning que cubrín en 15min e pico (non teño aquí os tempos). A verdade é que a diferencia que hai entre empregar pedais normais e os automáticos é incrible.
Finalmente 2.5km en tapiz rodante nos que tardei 12 min e 3s.
Malia que estes tempos non son moi fiables (só o de natación) as sensacións foron realmente boas e creo que este é o bo camiño a seguir na tempada 2011. Seguir traballando.
Como anécdotas contar que nada mais me entregaron o trofeo e saín de saca-la foto despegóuseme a base e caeume ó chan... Xa está arranxada perfectamente con loctite agás a esquina que partiu. En resumo, unha boa mañá cos compañeiros de natación do clube USC:
Tiñña proxectado ir a outro triatlon indoor coma este en Redondela pero como o cambiaron de data posiblemente a próxima carreira sea unha de atletismo do circuito "Corre con nós" de Lugo e como parte da preparaicón para o Cto de España de paraduatlón.
Agora ando bastante ocupada con estudia-lo exame de neuroanatomía que teño a próxima semana, unha tarefa bastante complicada. Conste que os apuntes son interesantes e ler o libro tamén, pero moita información para asumir! A por ela!
Bicos!
Susi
No hay comentarios:
Publicar un comentario